En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Domingo Gordo en Viana do Bolo e Vilariño de Conso

Boteiros dun dos folións que tocarán en Viana neste Domingo de Entroido./ Foto: Mönica G. Bellver.

Entre Boteiros, toques de folións, comparsas e carrozas vivirase o Domingo Gordo no Entroido de Viana do Bolo. Un desfile partirá en torno as doce dende O Toural e percorrerá a vila ata rematar na praza Maior. Espérase contar cunha vintena de folións chegados dende diferentes puntos do municipio, pero tamén doutros veciños como O Bolo, Trives ou A Gudiña. A partir das 14:30h. servirase o xantar da XLVIII Festa da Androlla no pavillón polideportivo e na carpa que se instalará ao seu carón.

 

Folión do Val, na praza de Vilariño de Conso./ Foto: A.R.

Tamén o Domingo Gordo será o día grande do Entroido de Vilariño de Conso. Tras o pregón, previsto para as 11:30h., dará comezo dende O Toural un desfile coa presenza de media ducia de folións do concello, así como doutros convidados de zonas cercanas como Trives ou A Gudiña. Xa ás 14:30h. no pavillón, darase paso á XXIX Festa do Cabrito.

Máis información na edición en papel da revista “Entroido en Galicia” de O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button