DeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Dominio absoluto de Alejo Ares (Adas) nunha carreira dos Santiños pasada por auga no Barco

Na categoría absoluta feminina o título era para Iria Fernández, tamén do Adas

Un cento de atletas participaban nun chuvioso mediodía do 4 de novembro na XI Carreira Popular dos Santiños do Barco. Os primeiros en tomar a saída eran, ás 12h., os maiores nunha proba cun circuíto urbano de 7.000 metros, agás para os cadetes que daban soamente unha volta (3.500 m.). A saída e a meta estaban nas pistas de Calabagueiros.

Non había sorpresas, e o vencedor absoluto da proba era, con notable vantaxe, o valdeorrés Alejo Ares (Adas), seguido de Luis Pérez (A. Fene) e de Marco Rodrigues (Adas). Na categoría feminina impoñíase Iria Fernández, mentres que o segundo posto correspondíalle a Marta Ballesteros e o terceiro a Sonsoles Martín, as tres do club Adas.

A partires da unha comezaban as probas das categorías base, xa nas pistas, con medio cento de participantes de clubs como o Adas, o Atletismo Rúa e do CEIP Bibei de Viana do Bolo.

A proba foi organizada polo Club Adas en colaboración co Concello do Barco e coa Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo, entre outras entidades. Ademais contábase coa colaboración da Policía Local, Protección Civil do Barco e Ambulancias Sil. Esta carreira tiña tamén un carácter benéfico xa que podían entregarse “xoguetes solidarios” á Cruz Vermella.

Fotos: A.R.

Máis fotos en:
https://osil.info/a-entrega-de-trofeos-da-xi-carreira-dos-santinos-en-fotos/

Artigos relacionados

Back to top button