A VeigaConcellosÚltima hora

Dorinda, a cantora de Pradolongo, celebra o seu centenario ao son da gaita

Nacía un 29 de marzo do ano 1921 nesta localidade do municipio da Veiga

 

Na localidade de Pradolongo (A Veiga), onde nacía un 29 de marzo de 1921, Dorinda Pérez Rodríguez, coñecida como a Cantora de Pradolongo, celebraba onte o seu centenario. Facíao acompañada de familia e amigos, entre eles o músico Xosé Lois Foxo, quen tocaba para ela na gaita a melodía de “Cumpreanos feliz”. Era un dos numerosos agasallos que recibía neste aniversario tan especial.

Dende moi pequena Dorinda tivo que atender ás tarefas do campo, pastoreando o gando polos montes da súa aldea, pero ao mesmo tempo aprendeu a ler e escribir. Xa de moza cantaba nos fiadeiros que se facían nas longas noites de inverno. Casou con Nicasio Vega e pasou a súa vida coidando da casa e dos seus fillos, ademais de pastorear e de ser unha destacada costureira e tecedeira.

Dende ben pequeniña garda na súa memoria antigas cantigas, algunhas das cales aínda interpreta, e que constitúen unha mostra viva do patrimonio cultural galego. Así o facía onte, coincidindo coa celebración do seu centenario.

Fotos e vídeo cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button