En portadaÚltima hora

Dos 107 pacientes ingresados por coronavirus na provincia, 8 están no Hospital de Valdeorras

No de Verín hai 5 hospitalizados en planta. O total de casos rexistrados na provincia ascenden a 499, con 11 altas e 9 falecementos.

Hospital Público de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Área Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexistra 479 casos activos de coronavirus, segundo os datos facilitados dende a Consellería de Sanidade. Dese total, 372 permanecen a seguemento a domicilio e 107 están ingresados, deles 11 en UCI.

No Hospital Universitario de Ourense son 93 os hospitalizados, 83 en planta e 10 en UCI. No caso do Hospital Público de Valdeorras o número de ingresados en planta é de oito (un máis que onte), mentres que no Hospital de Verín son 5.

Hai ademais un paciente ingresado en UCI no CO.SA.GA. “Os 11 pacientes ingresados na UCI son de prognóstico grave”, tal e como se asegura dende o Sergas.

O total de casos rexistrados na provincia ascenden a 499. Con 11 altas e 9 falecementos.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button