SanidadeÚltima hora

Dos 131 ingresos por coronavirus na área ourensá, 8 están no Hospital de Valdeorras e outros 8 no de Verín

Exterior do hospital do Barco.

 

A provincia de Ourense rexistra 522 casos activos por coronavirus, segundo a última actualización de datos facilitada pola Consellería de Sanidade. Dese total 391 pacientes permanecen a seguemento a domicilio e outros 131 ingresados, deles 16 en UCI.

No Hospital de Ourense son 114 os ingresos, deles 99 en planta e 15 en UCI. No Hospital de Valdeorras son 8 os pacientes ingresados en planta e outros oito no Hospital de Verín. Ademais no CO.SA.GA hai un paciente ingresado en UCI.

Os 16 pacientes ingresados na UCI son de prognóstico grave.

O total de casos rexistrados na provincia ascenden a 545, con 11 altas e 12 falecementos, entre eles figura o dun veciño de Valdeorras e o de outros tres de Castro Caldelas.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close