SanidadeÚltima hora

Dos 133 pacientes ingresados por coronavirus na provincia, 10 están no Hospital de Valdeorras

 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco conta con 559 casos activos de coronavirus, segundo os últimos datos facilitados dende a Consellería de Sanidade. Dese total, 428 permanecen a seguemento nos seus domicilios e 133 están ingresados, deles 16 en UCI.

Por hospitais, o Hospital Universitario de Ourense rexistra 115 pacientes ingresados, dos que 100 están en planta e 15 na UCI.

No Hospital Público de Valdeorras, no Barco, son 10 os pacientes ingresados en planta e no Hospital de Verín 7.

Tamén está ingresado no CO.SA.GA un paciente na UCI. Sanidade indica que “os 16 pacientes ingresados na UCI son de prognóstico grave”.

O total de casos rexistrados na provincia de Ourense ascenden a 590, con 13 altas e 18 falecementos.

Artigos relacionados

Back to top button