En portadaÚltima hora

Dos 152 casos activos por coronavirus na provincia, hai 28 ingresados dos que un está no Hospital de Valdeorras

Outro paciente está ingresado no Hospital de Verín. Ademais hai outros 124 casos que permanecen en seguemento a domicilio, segundo a Consellería de Sanidade

 

Hospital Público de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tras a última actualización de datos a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexistra un total de 152 casos activos, dos cales 124 permanecen a seguemento a domicilio e 28 están ingresados. No Hospital Universitario de Ourense hai 25 pacientes ingresados en planta e 2 en UCI, no Hospital Público de Valdeorras hai un ingresado en planta e outro no Hospital de Verín.

Hai outro paciente ingresado en UCI no CO.SA.GA. Os tres pacientes ingresados na UCI teñen “prognóstico grave”, segundo confirma o Sergas.

Test AutoCov en Valdeorras

Na xornada do 23 de marzo realizábanse 8 test no punto de recollida de mostras situado no Hospital Público de Valdeorras. Neste martes fixéronse 8 máis a domicilio e esta tarde teñen citados a 9 persoas máis, segundo o Sergas.

O total de probas PCR (test COVID-19) realizadas na Area Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, ata onte, luns 23 de marzo ás 18h. era dun total de 580. Os test positivos foron 152.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close