SanidadeÚltima hora

Dos 152 test de Covid feitos onte no punto do Hospital do Barco, saían 9 positivos

Publicidade

 

Unha xornada máis a Consellería de Sanidade vén de facer públicos os resultados das probas realizadas onte nos puntos de cribado de Covid de libre acceso que funcionan na provincia de Ourense. Así, nos puntos fixos, o 25 de xaneiro realizábanse un total de 717 test de antíxenos, nos que saían 98 positivos, o que supón o 13,66% positividade.

No caso do punto de cribado situado no Hospital Público de Valdeorras, no Barco, facíanse 152 test dos cales saían 9 positivos. No punto de Ourense (Espazo Xove) eran 467 os test realizados, nos que aparecían 64 positivos. No Hospital de Verín realizábanse 98 test e saían á luz 25 positivos.

No referente aos cribados itinerantes comarcais, no caso de Celanova facíanse 49 test dos que non saía ningún positivo e no de Ribadavia 43 test, dos que 3 eran positivos.

 

Artigos relacionados

Back to top button