SanidadeÚltima hora

Dos 209 test de Covid feitos onte no punto do Hospital do Barco, 18 saían positivos

 

A Consellería de Sanidade vén de facer públicos os resultados das probas realizadas onte nos puntos de cribado de Covid de libre acceso que funcionan na provincia de Ourense. Así, nos puntos fixos, na xornada do 24 de xaneiro realizábanse un total de 815 test de antíxenos, nos que saían á luz 94 positivos, o que supón un 11,53% de positividade

No caso do punto de cribado situado no Hospital Público de Valdeorras, no Barco, facíanse 209 test nos que se detectaban 18 positivos. No punto de Ourense (Espazo Xove) eran 525 os test realizados, nos que aparecían 63 positivos. No Hospital de Verín realizábanse 81 test e saían á luz 13 positivos.

No referente aos cribados itinerantes comarcais, no caso de Xinzo de Limia facíanse 39 test que descubrían 4 positivos e no do Carballiño 64 test, dos que 3 eran positivos.

Artigos relacionados

Back to top button