SanidadeÚltima hora

Dos 209 test de Covid realizados o 17 de xaneiro no punto do Hospital do Barco, saían 33 positivos

Publicidade

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar os resultados das probas realizadas onte nos puntos de cribado de libre acceso que funcionan na provincia de Ourense. Así, nos puntos fixos, na xornada do 17 de xaneiro realizábanse un total de 725 test de antíxenos, nos que saían á luz 103 positivos, o que supón un 14,2 % de positividade.

No caso do punto de cribado situado no Hospital Público de Valdeorras, no Barco, facíanse 209 test nos que se detectaban 33 positivos. No punto de Ourense (Espazo Xove) eran 516 os test realizados, nos que aparecían 70 positivos.

Con respecto aos test itinerantes que se realizaban onte por comarcas, en Allariz realizábanse 166 test nos cales saían 15 positivos e no Carballiño realizábanse 187 test nos que aparecían 10 positivos. Finalmente en Xinzo de Limia realizábanse 179 test nos que non se detectaba ningún positivo.

Artigos relacionados

Back to top button