SanidadeÚltima hora

Dos 254 test de Covid feitos hoxe no punto do Hospital do Barco, 31 resultaban positivos

 

Na xornada deste mércores 5 de xaneiro realizábanse un total de 1.783 test de antíxenos nos tres puntos de cribado de acceso libre da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco. Dese total 162 resultaban positivos por Covid, o que supón un 9,08% de positividade, tal e como se informa dende a Consellería de Sanidade.

No caso do punto de cribado situado no Hospital Público de Valdeorras, no Barco, facíanse 254 test nos que se detectaban 31 positivos. No punto de Ourense eran 1.400 os test realizados, nos que aparecían 115 positivos. Finalmente, no punto do Hospital de Verín facíanse 129 test, dos que 16 resultaban positivos.

 

Artigos relacionados

Back to top button