SanidadeÚltima hora

Dos 258 test de Covid feitos onte no punto do Hospital do Barco saían 29 positivos

No cribado comarcal realizado en Trives eran 42 os test realizados e 3 os positivos detectados

Publicidade

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar os resultados das probas realizadas onte nos puntos de cribado de libre acceso que funcionan na provincia de Ourense. Así, nos puntos fixos, na xornada do 18 de xaneiro realizábanse un total de 785 test de antíxenos, nos que saían á luz 101 positivos, o que supón un 12,86% de positividade.

No caso do punto de cribado situado no Hospital Público de Valdeorras, no Barco, facíanse 258 test nos que se detectaban 29 positivos. No punto de Ourense (Espazo Xove) eran 405 os test realizados, nos que aparecían 43 positivos. No Hospital de Verín realizábanse 122 test e saían á luz 29 positivos.

Con respecto aos cribados itinerantes que se levaban a cabo onte por comarcas, en Coles realizábanse 118 test nos cales saían 3 positivos, en Celanova facíanse 165 test nos que aparecían 4 positivos, e en Ribadavia eran 181 os test e 4 os positivos. Finalmente en Trives realizábanse 42 test nos que se detectaban 3 positivos.

 

Artigos relacionados

Back to top button