En portadaÚltima hora

Dos 306 casos activos de Covid en Valdeorras, 196 son do Barco

Panorámica do Barco./ Foto: A.R.

 

Os contaxios activos de Covid no Barco superan neste luns 27 de decembro o récord que se rexistraba no pasado verán e sitúanse nun total de 196 positivos, segundo os últimos datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte). Son 25 máis que o pasado venres, cando se facían públicas as anteriores estatísticas (as fins de semana non se facilitan datos).

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Sen embargo, no resto da comarca a tendencia é a estabilizarse ou incluso a baixar. Así Valdeorras rexistra neste 27 de decembro un total de 306 positivos por coronavirus (1 máis que o pasado venres), segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. de onte.

Ademais do Barco, só hai outros tres municipios con incremento de casos, aínda que moi leves: Carballeda de Valdeorras con 8 (1 máis que o pasado venres), Rubiá con 4 (1 máis que o pasado venres) e Vilamartín con 17 positivos (1 máis que o pasado venres).

No resto de municipios valdeorreses descenden os casos activos: O Bolo rexistra 5 positivos (5 menos que o pasado venres), Larouco 6 positivos (6 menos que o pasado venres), Petín ten 6 positivos (1 menos que o pasado venres), A Rúa conta con 64 positivos (10 menos que o pasado venres) e A Veiga pasa a ser o único concello da comarca libre de coronavirus (o pasado venres tiña 5 casos activos)

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

 

En canto aos ingresos por Covid, o Hospital Público de Valdeorras rexistra nesta xornada catro ingresos en planta, o que supón 2 máis que onte.

Artigos relacionados

Back to top button