SanidadeÚltima hora

Dos 329 test de Covid feitos onte no punto de cribado do Hospital do Barco, 48 resultaban positivos

 

Na xornada de onte, 4 de xaneiro, realizábanse un total de 2.315 tests de antíxenos nos tres puntos de cribado da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, deles 285 resultaban positivos por Covid, o que supón un 12,31 % positividade, tal e como se informa dende a Consellería de Sanidade.

No caso do punto de cribado situado no Hospital Público de Valdeorras, no Barco, facíanse 329 test nos que se detectaban 48 positivos. No punto de Ourense eran 1.712 os test nos que aparecían 198 positivos. Finalmente, no punto do Hospital de Verín facíanse 274 test, dos que 39 resultaban positivos.

Artigos relacionados

Back to top button