En portadaSanidadeÚltima hora

Dos 406 test de Covid feitos onte no punto do Hospital do Barco, 35 eran positivos

Nos tres puntos da provincia o total de test era de 1.704, con 188 positivos

Publicidade

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar os resultados das probas realizadas onte nos puntos de cribado de libre acceso que funcionan na provincia de Ourense. Neles realizábanse na xornada do 8 de xaneiro un total de 1.704 test de antíxenos, nos que saían á luz 188 positivos, o que supón un 11,03% de positividade.

No caso do punto de cribado situado no Hospital Público de Valdeorras, no Barco, facíanse 406 test nos que se detectaban 35 positivos. No punto de Ourense (Espazo Xove) eran 1.000 os test realizados, nos que aparecían 117 positivos. Finalmente, no punto do Hospital de Verín facíanse 298 test, dos que 36 resultaban positivos.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button