SanidadeÚltima hora

Dos 47 ingresados por coronavirus na provincia, 4 están no Hospital de Valdeorras

A Área Sanitaria de Ourense Verín e O Barco ten 186 casos activos, segundo os últimos datos de Sanidade

 

A provincia de Ourense rexistra 186 casos activos por coronavirus, segundo os últimos datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade. Dese total, 139 permanecen a seguemento en domicilio e 47 están ingresados.

No Hospital Universitario de Ourense hai 41 pacientes ingresados polo COVID-19, dos que 36 están en planta e 5 en UCI. No caso do Hospital Público de Valdeorras son 4 os ingresados en planta e no Hospital de Verín hai un, segundo os datos do Sergas. Tamén hai outro paciente ingresado en UCI no CO.SA.GA

O total de casos rexistrados na Área Sanitaria de Ourense ascende a 190, con dúas altas e dous falecementos.

Artigos relacionados

Back to top button