SanidadeÚltima hora

Dos 5 pacientes ingresados por Covid-19 na provincia, 1 está no Hospital de Valdeorras

AÁrea Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexistra 75 casos activos dos que 70 permanecen a seguemento a domicilio e 5 están ingresados en planta, segundo Sanidade

O Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Hospital de Valdeorras continúa tamén nesta xornada cun único paciente con Covid-19 ingresado en planta, segundo a última actualización de datos da Consellería de Sanidade. Na provincia hai outros 5 pacientes ingresados en planta no Hospital Universitario de Ourense, mentres que o Hospital de Verín segue libre de virus.

Así, dos 75 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 70 permanecen a seguemento a domicilio e 5 están ingresados en planta, segundo Sanidade.

O total de casos rexistrados na provincia ascenden a 1.999, con 1.793 curados e 131 falecementos (residencias e hospitais). Na provincia lévanse realizado 20.399 probas PCR.

Artigos relacionados

Back to top button