En portadaSanidadeÚltima hora

Dos 73 casos de coronavirus ingresados na provincia, 6 están no Hospital de Valdeorras

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexistra 310 casos, con 3 altas e 5 falecementos

Hospital Público de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dos 302 casos activos na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras un total de  229 permanecen a seguemento a domicilio e 73 están ingresados, segundo a última actualización de datos feita pública pola Consellería de Sanidade.

O Hospital Universitario de Ourense ten 62 pacientes ingresados por coronavirus, 9 deles en UCI. No Hospital de Valdeorras hai 6 ingresados en planta e no Hospital de Verín son 4. Ademais no CO.SA.GA hai un paciente ingresado en UCI.

“Os 10 pacientes ingresados na UCI de prognóstico grave”, segundo Sanidade.

O total de casos rexistrados na provincia ascenden a 310. Con 3 altas e 5 falecementos.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close