CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Dos contos populares, pasando polo rap ata a música galega, no Festival das Letras Galegas do Barco

Intercalando poesía, tradición oral e moita música de diferentes estilos desenvolvíase a Festa das Letras Galegas na tarde do 17 de maio na praza Maior do Barco. O festival iniciábase coa intervención da concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, quen apuntaba que o 17 de maio é unha xornada “de orgullo e reivindicación”, en referencia á campaña que se está a desenvolver dende os concellos valdeorreses para que se lle adiquen as Letras Galegas ao poeta corgomés Florencio Delgado Gurriarán.

Pizcueta referíase tamén á homenaxeada nesta ocasión, María Victoria Moreno, a cuarta muller en conseguir este recoñecemento nos “55 anos que levan celebrándose as Letras”. E, “sobrevoaba a súa figura, todo un exemplo de integración, compromiso e ecoloxía cultural”.  Concluía cuns versos desta autora, en concreto dun poema de “Duns foliós que foron brancos”, e dando paso ás diferentes actuacións do serán.

Comezaban dous actores de Gargallada Teatro, Manuel Caramés e Manuel González. “Falamos, cantamos e contamos en galego”, comentaba Caramés antes de iniciar a primeira das historias da tradición oral que se irían engarzando entre as actuacións musicais. “Nunha aldea cerca do Bolo…” comezaba o seu relato, ao que daba paso outro de Manuel González.

De seguido cantaba Roma do Val, seguido dos contos de Lalo Santos e Reyes Limia, do ritmos rap de Sderap e Torfy cun tema adicado a Galicia, e logo subíanse de novo ao escenario Manuel Caramés de Manuel González. O apartado musical completábase con Armando Pérez Dúo, Xoaquín Freixeiro e Mauro Docampo Dúo.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button