PolíticaÚltima hora

Dos nove candidatos socialistas ás alcaldías valdeorresas, seis repiten

Galería de imaxes da presentación dos cabeza de lista do PSdeG-PSOE en Valdeorras e Viana o 22 de marzo en Vilamartín

Boa parte dos candidatos que o partido socialista presentará ás alcaldías de Valdeorras nas vindeiras eleccións municipais repiten. Así se confirmaba no acto de presentación que tiña lugar na noite do 22 de marzo no Paladium (Vilamartín), que contaba coa presenza de Gonzalo Caballero, entre outros cargos do partido.

Así volven presentarse Alfredo García no Barco, Luis Fernández na Rúa, Enrique Álvarez en Vilamartín, José Manuel González en Carballeda de Valdeorras, Raquel Méndez en Rubiá e Fernando Fernández na Veiga. Onde si hai rostros novos é en Larouco con Nacho González como candidato, no Bolo con Juan Ferreiro e en Petín con Raquel Bautista. Tamén se produce unha renovación no caso de Viana do Bolo, onde Pablo Luis Salgado encabezará a candidatura socialista por primeira vez.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos:
https://osil.info/o-partido-socialista-presenta-aos-seus-candidatos-as-municipais-en-valdeorras-e-en-viana/

Artigos relacionados

Back to top button