CulturaCulturaEducaciónEn portadaÚltima hora

Dous alumnos do IES Cosme López, excelencias académicas na ABAU 2022

Un erro na corrección do exame de Matemáticas de Pablo Sanz, rectificado esta mesma mañá, impediralle asistir á entrega dos recoñecementos esta tarde

Alumnos do IES Cosme López Rodríguez da Rúa, antes de facer as probas da ABAU 2022./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Tamén no IES Cosme López da Rúa lograban este ano dúas excelencias académicas na ABAU. Unha delas é a de Pablo Sanz Álvarez (9,34), aínda que non era ata hoxe cando se facía pública a nota xa que un erro na corrección do exame de Matemáticas deixábao inicialmente fóra da excelencia.

Era a propia nai de Pablo quen avisaba a este medio do erro, asegurando que o seu fillo tiña Matrícula de Honra no Bacharelato facendo os exames da ABAU con moi boa nota  en case todo. “O seu exame de Matemáticas era de 10 (revisado ao saír coa profesora desta materia) e puxéronlle un 2”, dixo.

Unha vez posta a reclamación, o resultado saía esta mesma mañá e efectivamente, “no exame de Matemáticas Pablo ten un 9,25”, confirman dende o instituto. Finalmente ten a excelencia, pero tal como indica efandada á súa nai “queda fóra da entrega que se fará hoxe en Santiago”.

Ratificando o seu nivel académico, hai apenas uns días Pablo recibía un dos tres premios deste ano do Clúster da Pizarra de Galicia ao mellor expediente de Valdeorras e Quiroga.

Artigos relacionados

Back to top button