CulturaEducaciónÚltima hora

Dous alumnos do IES Martaguisela do Barco, entre os mellores da selectividade

Leticia López e Sergio Caseiro acadaron o Premio de Excelencia de Bacharelato 2014/2015
Leticia López Benéitez e Sergio Caseiro Aria
Leticia López Benéitez e Sergio Caseiro Aria

Os institutos do Barco de Valdeorras están de noraboa. Se onte coñeciamos os bos resultados académicos de tres alumnos do IES Lauro Olmo, hoxe temos novas doutros dous alumnos barquenses que acadaron o Premio de Excelencia de Bacharelato este curso académico 2014-2015.

Trátase dos alumnos do IES Martaguisela, Leticia López Benéitez e Sergio Caseiro Arias que “fixéronse acredores desta distinción polos seus méritos académicos, o cal os sitúa entre os mellores da selectividade deste ano” explican dende a comunidade educativa do instituto, felicitándoos polos logros acadados.

Artigos relacionados

Back to top button