CulturaCulturaÚltima hora

Dous alumnos do IES Lauro Olmo do Barco, galardoados nos XLVI Premios Minerva

Jorge Moral facíase co segundo premio en poesía polo poemario “Antoloxía” e Mireya Rodríguez lograba un accésit na modalidade de narración por “Petrificada en ámbar”
Exterior do IES Lauro Olmo do Barco./

O xurado dos XLVI Premios Minerva na modalidade de narración, presidido por Manuel Quintáns, e na de poesía, presidido por Luís Alonso, reuníanse o pasado 1 de marzo e emitían o seu fallo nesta edición dos galardóns promovidos polo Colexio M. Peleteiro de Santiago.

Entre un total de 221 traballos presentados, 147 na modalidade de narración e 74 na de poesía, resultaban finalistas 36 narracións e 22 triloxías poéticas. Desta obra o xurado acordou outorgar tres premios e outros tantos accésits na categoría de narración. Entre os traballos distinguidos estaba o da valdeorresa Mireya Rodríguez Fernández, de 18 anos, alumna de 2º de Bacharelato do IES Lauro Olmo de O Barco. Facíase co segundo accésit polo seu traballo “Petrificada en ámbar”.

Ademais no apartado de poesía, Jorge Moral Vidal, de 17 anos e que cursa 2º de Bacharelato no IES Lauro Olmo de O Barco, lograba o segundo premio do certame polo seu poemario titulado “Antoloxía”.

O acto literario de entrega de premios terá lugar o xoves 5 de abril, ás 17:00 h, no salón de actos do Colexio M. Peleteiro. Nel actuará como mantedora a escritora e académica da Real Academia Galega, Fina Casalderrey.

Neste acto, os autores premiados lerán unha parte da súa obra como adianto á publicación do libro que recollerá integramente os traballos, tal como se vén facendo nos últimos anos, e que será editado polo Colexio M. Peleteiro.

Artigos relacionados

Back to top button