Galerías de fotosSociedadeÚltima hora

Dous barquenses unidos por Zara en Nova York (EE.UU.)

A deseñadora Marisu Miranda e o fotógrafo Óliver Álvarez coincidiron nun proxecto de comercio electrónico na cidade dos rañaceos

A vida dá moitas voltas e pode acabar reunindo a veciños, amigos ou colegas nos lugares máis insospeitados. E senón que llo digan a Marisu Miranda e Óliver Álvarez, dous galegos orixinarios do Barco de Valdeorras que foron a coincidir na cidade estadounidense de Nova York, traballando nun proxecto para a multinacional galega Zara.

Marisu Miranda, empresaria, modista e artista, traballa dende hai oito anos como asesora nunha axencia de modistas de Nova York, por iso ten a oportunidade de traballar con grandes firmas internacionais. Desta volta, foi para a propia Zara, no marco dun novo proxecto de comercio electrónico (ela foi a encargada dos accesorios), onde coincidiu con Óliver, fotógrafo da firma galega dende hai dez anos.

 

O fotógrafo Óliver Álvarez e a modista Marisu Miranda.

 

Tal como explica a propia Marisu, a compañía comezou moi forte a tempada e desprazou ata a cidade dos rañaxeos a un equipo, coa directora xeral á cabeza, de diferentes partes de España e dous estilistas desde China. “Óliver e máis eu somos os únicos galegos neste proxecto, e os dous do Barco”, di entusiasmada e moi orgullosa. Sen dúbida unha gran coincidencia aínda que tamén é certo que hai barquenses espallados por todo o mundo.

Na galería de imaxes podemos ver diferentes momentos do traballo, dende as perchas coas prendas de Zara ata as sesións de fotos para Internet.

 

Marisu nun momento da sesión con Zara en NY.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button