OurenseÚltima hora

Dous camións chocan na N-541, preto do Carballiño, e un dos conductores implicados falece

O accidente foi no punto quilométrico 32 á altura de Boborás. O segundo condutor tivo que ser evacuado en helicóptero ao CHUO
A colisión obrigou a cortar a estrada. // Foto: Cedida.

Cara ás nove e dez da mañá de hoxe, 9 de outubro, dous camións articulados chocaban frontalmente na estrada N-541, concretamente no punto quilométrico 32, á altura do Concello de Boborás -a oito quilómetros do Carballiño. Como resultado deste choque frontal, un dos condutores faleceu e tivo que ser excarcerado da cabina do camión polos Bombeiros do Carballiño, segundo informaron fontes da Guardia Civil de Tráfico e de emerxencias.

En canto ao outro condutor, dende o 112 aseguraron que foi preciso trasladar o helicóptero medicalizado do CHUO ata o punto do suceso para evacualo xa que “estaba ferido de gravidade”.

Dende Tráfico informaron que a circulación da vía tivo que ser cortada debido ao aparatoso do accidente.

Segundo reza o parte do accidente, ao que tivo acceso este xornal, o falecido responde as iniciais de J.T.P, de 52 anos e veciño do Lugar da Magdalena, no Concello de Aguledo de Barro, en Pontevedra. Por outra banda, o outro conductor, que resultou ferido, é orixinario de Xinzo de Limia e responde ás iniciais de E.V.L, de 47 anos.

Artigos relacionados

Back to top button