CulturaCulturaEducaciónSen categorizar

Dous centros ourensáns, premiados no concurso “Clases sen fume”

Alumnos do CPR Sagrado Corazón de Celanova e do IES Otero Pedrayo de Ourense recollían os seus galardóns o 6 de xuño en Santiago
Alumnos premiados do IES Otero Pedrayo de Ourense.
Alumnos premiados do IES Otero Pedrayo de Ourense.

Na súa duodécima edición, o certame educativo para a prevención do tabaquismo “Clases sen fume” deixaba dous galardóns na provincia de Ourense. Así os alumnos de 2ºA da ESO do CPR Sagrado Corazón de Celanova e a súa titora, Raquel Pérez, facíanse co premio ao mellor slogan do concurso con “ Disfruta do lado doce da vida”. Ademais os rapaces de 2ºB do IES Otero Pedraio de Ourense co seu titor, José Cacheiro, resultaba distinguida no apartado de “Clase sen fume”. Os escolares premiados desfrutarán no vindeiro mes de xullo dun programa de multiaventura, dunha semana de duración, no Albergue de Gandarío (A Coruña).

A entrega dos galardóns deste concurso tiña lugar o 6 de xuño en Santiago de Compostela e estivo presidida pola conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, e polo conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad. O principal obxectivo desta iniciativa é evitar o inicio do consumo de tabaco nas mozas e mozos galegos, ou, cando menos, retrasar a idade dese inicio.

O certame, dirixido a escolares de 1º e 2º da ESO (é dicir a nenos/as de entre 12 e 14 anos), está organizado dende a Consellería de Sanidade, a través da súa dirección xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Nesta edición participaron un total de 4.157 escolares de 73 centros educativos de todo Galicia. No caso da provincia de Ourense “foron 11 os centros que se presentaron, con 28 aulas e 599 alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO, que se comprometeron de forma individual e colectiva a non fumar polo menos durante os 6 meses da duración do concurso”, segundo se informa dende a Xunta de Galicia.

Fotos: cedidas dende o Gabinete da Xunta de Galicia

Alumnos do CPR Celanova.
Alumnos do CPR Celanova.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button