OurenseÚltima hora

Dous colexios do Barco, galardoados nun concurso sobre o cambio climático, en Ourense

O CEIP Divina Pastora e o CEIP Condesa de Fenosa foron premiados na categoría de Mellor colexio participante
Entrega de premios do concurso escolar 2018 sobre o cambio climático.

Co obxectivo de “sensibilizar á poboación infantil sobre a necesidade de protexer e preservar o medio ambiente, e promover actividades divulgativas sobre o cambio climático”, a Deputación de Ourense organizaba un concurso escolar baixo o lema “Que efectos ten o cambio climático no teu municipio?”, no que participaron nenos de 6 a 8 anos (cunha presentación dunha obra de teatro sobre o cambio climático e o desenvolvemento local sostible) de colexios dos concellos integrados na Rede de municipios ourensáns cara a sostibilidade.

Un deses concellos é O Barco de Valdeorras e dous dos seus colexios resultaron premiados no certame que recoñece dúas categorías de premios: o CEIP Plurilingüe Divina Pastora e o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa, como mellores colexios participantes, concedendo a cada un deles 500 euros, para empregar en material escolar. O premio á mellor obra de teatro, recaeu no CEIP Condesa de Fenosa, polo que a clase gañadora gozará dun día completo na Estación de Montaña de Manzaneda desenvolvendo actividades deportivas e de lecer.

A entrega de premios tiña lugar na mañá do 11 de xuño no Teatro Principal de Ourense, nun acto ao que asistiron preto de cen alumnos acompañados polos seus profesores, xunto con persoal técnico e institucional da Deputación de Ourense e de AquaOurense.

Artigos relacionados

Back to top button