DeportesÚltima hora

Dous de dous para as cadetes do Club Voleibol Ribeira Sacra

O club lucense vencía ao Seguros GP. CAVS no segundo partido do campionato de España
O equipo cadete do CV Ribeira Sacra, en Castellón.

Continúan os bos resultados para o CV Ribeira Sacra que vén de situarse entre os 16 mellores equipos nacionais, no campionato de España cadete que se está celebrando en Castellón. Conseguíao despois de vencer a Seguros GP. CAVS (campión de Murcia) por 1 a 3 no segundo partido do campionato para as galegas, celebrado na mañá do 14 de xuño.

Un día antes, as lucenses vencían ao Club Adecor de Córdoba nun partido no que a quiroguesa Sofía Carballedo sufría un esguince de grao 3. A afección desprazada co equipo ata terras valencianas espera poder recuperar á xogadora para o partido de mañá ante CECCEL de Cataluña.

 

Artigos relacionados

Back to top button