ConcellosÚltima hora

Dous días de loito oficial en Trives polo falecemento de Fernando Fernández, ex alcalde deste concello

Exterior do Concello de Trives nunha imaxe de arquivo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello da Pobra de Trives vén de decretar dous días de loito oficial polo falecemento aos 89 anos de Fernando Fernández Álvarez, que fora alcalde pola UCD entre os anos 1981-1985 neste municipio. “As bandeiras do Concello onderán a media asta durante as dúas xornadas”, segundo se informa dende o Concello trivés.

Ademais dende esta administración local amósase “o noso fondo pesar pola pérda do que fora alcade deste municipio, e trasladamos as condolencias aos seus familiares e amigos. Un trivés moi querido pola súa adicación ao seu pobo que imos votar moito en falta”.

 

Artigos relacionados

Back to top button