CulturaMúsicaÚltima hora

Dous días de música ao vivo na Rebusca de Manzaneda

No festival actuarán bandas como Esne Beltza, Pas de Probleme ou Chotokoeu
Actuación de Chotokoeu.
Actuación de Chotokoeu.

Ás 23h. de mañá venres 21 de novembro arrancará unha nova edición do festival A Rebusca de outono en Manzaneda, coa actuación de Cuchufellos. Á 1 da madrugada actuará Sonido Vegetal, ás 3h. Chotokoeu e ás 4:30h. será o turno da actuación de Hadri H.

Ao día seguinte, sábado 22, a partires das 12h. haberá un pasarrúas de Zurrumalla. Pola noite, ás 21h. dará inicio o concerto de Zurrumalla, ás 23h. o de Terbutalina, á 1 da madrugada o de Esne Beltza e ás 3 e 4:30h. as actuaciones, respectivamente, de Pas de Probleme e Brigada Am Soundsystem.

Esne Beltza en concerto.
Esne Beltza en concerto.

A organización porá a disposición dos asistentes o pavillón polideportivo para acampar e descansar. Tamén haberá postos de comida e bebida, así como un amplo aparcamento.

O prezo das entradas será de 8 euros o bono de 2 días, e de 5 euros a entrada para 1 día.

Artigos relacionados

Back to top button