CulturaMúsica

Dous días intensos

A Rebusca clausura a VI edición como un festival de referencia
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Satisfeitos e contentos polo resultado e a afluenza de público pero “moi cansos de traballar tanto para sacar isto adiante”. Así remataban os membros da Asociación Cultural A Rebusca, trala sexta edición do festival que reunía en Paradela a miles de persoas en torno á música, o novo circo e os picadiscos.

Despois da primeira edición  posta en marcha no concello de Manzaneda hai catro anos, o proxecto cultural coa música como eixe central, foi sufrindo modificacións. De ubicación, pasando do centro do pobo de Manzaneda á unha explanada en Paradela e tamén de data, chegando a celebrarse dúas edicións ao ano, en outono e en verán.

A resposta foi tan boa en cada edición que por se iso fose pouco, este ano 2013, incluían dúas novidades máis: aumentar a oferta a dous días e dous espazos. O principal, para os concertos da noite foi unha gran carpa de circo; o outro, o escenario de día, foi outra carpa máis pequena para o circo e os picadiscos da noite.

Estas dúas infraestruturas implicaron un dobre traballo para os organizadores “non só foron dous días senón toda a semana moi intensa, porque houbo que montar as carpas e facer moitas cousas durante os días previos para que todo estivese listo para o público” explican dende A Rebusca.
A pesares do esforzo, o resultado foi positivo e salvo pequenos retrasos nos concertos “como en calquera festival” todo saíu perfecto e segundo o previsto.

Texto: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button