CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Dous equipos do IES Martaguisela do Barco, na final galega do Rally Científico Matemático 2022

Os grupos de 3º da ESO B e 4º da ESO A competirán nas súas respectivas categorías por estar na final de Toulouse (Francia)

O equipo de 3º da ESO do IES Martaguisela, no Rally Matemático e Científico. Foto: Facebook IES Martaguisela.

 

Boas novas no Rally Científico e Matemático 2022 para o IES Martaguisela do Barco, con dous grupos clasificados para a fase final galega que terá lugar este venres 1 de abril, na facultade de química en Santiago de Compostela.

O equipo de 3º da ESO B, coordinado polo profesor Domingo Rodríguez Fernández e formado por India López, Sandra Mallo, Alejandro Martínez, Diego Nogueiras, Pablo Núñez, Jairo Núñez, Diego Rodríguez e Santiago  Sánchez, clasificouse entre os tres mellores de Galicia na categoría de matemáticas de 3º da ESO e competirán por estar na final de Toulouse (Francia), co equipo do CPR Sagrado Corazón de Placeres e co do IES Marqués de Sargadelos de San Cibrao de Cervo.

Pola súa banda o equipo de  4º da ESO A, coordinado pola profesora Carlota Álvarez Álvarez, e formado por Óscar Arias, Hugo Díaz, Martín Fernández, David López, Carlos Mariñas, Biel Moral, Miguel Ortiz e Manuel Prada, clasificábanse entre os tres mellores de Galicia na categoría de física e química de 4º da ESO e competirán co equipo do CPR Nª Sª de los Remedios de Santiago e co do IES Auga da Laxe de Gondomar.

 

O equipo de 4º da ESO. /Foto: Facebook IES Martaguisela.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button