En portadaÚltima hora

Dous feridos en Trives ao caer por un barranco o vehículo no que circulaban

O accidente producíase na estrada OU-536 a uns 5 km da vila de Trives ás oito desta mañá

Arredor das oito desta mañá producíase un grave accidente de tráfico na estrada OU-536 entre Castro Caldelas e Trives, a 5 km desta última localidade. Dúas persoas resultaban feridas ao caerse por un barranco o vehículo no que viaxaban, quedando nunha zona de moi difícil acceso.

Un particular daba aviso o 112 Galicia para pedir axuda, indicaba que un coche acababa de caer por un barranco e que non vira saír aos ocupantes do seu interior.  Ademais, engadía no seu relato que parecía que o coche botaba fume, segundo se informa dende o 112.

De inmediato alertábase ao 061-Urxencias Sanitarias, aos axentes de Tráfico, aos membros do GES de Castro Caldelas e de Protección Civil da Pobra de Trives. “Debido á importancia do accidente, persoal sanitario comunicou ao 112 Galicia a saída do helicóptero medicalizado con base en Ourense”, segundo o 112. Ademais acudía a Guardia Civil de Montaña e o camión de bombeiros de Trives.

Tras chegar ao lugar, os efectivos de Protección Civil confirmaron que o coche non ardía e que había dúas persoas no seu interior. “Puideron sacar ao home do vehículo e tiñan que sacar á muller pola pola porta do condutor ao non abrir a do acompañante. Ademais, o terreo onde quedou o coche, no medio dun canal, dificultaba aos servizos de emerxencia chegar cos medios de excarceracion”, citando ao 112 Galicia.

A medida que se teñan máis datos ampliarase información.

Fotos: Protección Civil e Trives e outros.

Artigos relacionados

Back to top button