ConcellosTrivesÚltima hora

Dous feridos nun accidente de tráfico en Trives

 

Arredor das 17:15h. da tarde deste martes 30 de xuño producíase un accidente de tráfico na OUR-CV-237 km 1, en Trives. Nel víanse involucrados dous vehículos, con alcance frontolateral, cuxos condutores e únicos ocupantes resultaban feridos.

Ata o lugar do sinistro desprazábanse de inmediato Protección Civil da Pobra de Trives, unha ambulancia do 061 e a Garda Civil de Tráfico.

Os dous condutores foron trasladados ao PAC de Trives, e un deles posteriormente, ao Hospital Público de Valdeorras, no Barco

Artigos relacionados

Back to top button