OurenseÚltima hora

Dous feridos tras un accidente entre un camión e un turismo na Gudiña

 

Arredor das 13:30h. deste domingo 16 de agosto tiña lugar un accidente de tráfico na A-52, ao seu paso polo concello da Gudiña. Producíase unha colisión entre un camión e un turismo no punto quilométrico 131 da autovía, en sentido a Benavente, segundo informa o 112 Galicia.

Como consecuencia do sinistro resultaban feridas dúas persoas, que eran trasladadas nunha ambulancia a un centro médico, segundo o 112 Galicia.

Para este operativo de emerxencias dende o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, do GES da A Gudiña e de Protección Civil.

Artigos relacionados

Back to top button