CulturaCulturaÚltima hora

Dous fotógrafos barquenses recollen os seus premios no IV Concurso fotográfico do Camiño de Inverno

Manuel Juan Otero ganaba o primeiro premio, mentres que Lois Prada facíase co terceiro

Os valdeorreses cos outros premiados.

 

O Casino Ateneo de Monforte de Lemos acollía na tarde deste 13 de maio o acto de entrega de premios do IV Concurso fotográfico do Camiño de Inverno, organizado pola Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra e centrado este ano nos ríos desta ruta xacobea. Nela resultaban premiadas dúas imaxes tomadas por outros tantos fotógrafos valdeorreses.

Así ganaba o concurso Manuel Juan Otero López do Barco de Valdeorras coa fotografía “Túnel de Montefurado”, quen recibía un premio de 250 euros, mentres que o terceiro premio era para Lois Prada Ferrer de Veigamuíños-O Barco, pola súa obra: “Meandro no Sil polo Barco de Valdeorras”, cun premio de 100 euros.

 

Manuel Juan Otero e Lois Prada, coas imaxes distinguidas.

 

O segundo premio (150 euros) correspondíalle ao monfortino Germán López Quiroga, cunha imaxe de Belesar. Ademais destes tres premios, o xurado do concurso tamén concedía dous accésit ás fotografías do monfortino Antonio Cortiñas e da salmantina Teresa Hernández, que presentaban unha instantánea do Cabo do Mundo e de Belesar, respectivamente.

 

Lois Prada co diploma que acredita o seu terceiro premio.

 

As fotografías permanecerán expostas, durante un mes, no propio Centro cultural, podendo visitarse os luns, mércores e venres en horario de 17:00 a 20:00.

Fotos cedidas por Lois Prada F.

 

Manuel Juan Otero recollendo o primeiro premio.

Artigos relacionados

Back to top button