EconomíaEconomíaÚltima hora

Dous galardóns valdeorreses nos II Premios Mercurio

Estas distincións do comercio ourensán entregaranse o vindeiro xoves 24 de novembro en Ourense
Membros da directiva do Barco CCA, entidade que será distinguida nos Premios Mercurio./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Membros da directiva do Barco CCA, entidade que será distinguida nos Premios Mercurio./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Son un recoñecemento ao comercio de proximidade “dende o corazón mesmo do sector”, aos seus valedores e aos seus referentes profesionais. Os II Premios Mercurio, que promove a Federación de Comercio de Ourense, entregaranse na tarde do vindeiro 24 de novembro no Liceo de Ourense. Esta segunda edición presentábase na mañá do 21 de novembro.

Entre os galardoados desta edición haberá dous valdeorreses. Un deles será a Ferretería Moncho, un establecemento aberto dende 1931 e que actualmente está rexentado pola terceira xeración da familia que lo iniciou. O outro será a Asociación Centro Comercial Aberto O Barco. Así o desvelaba na última asemblea da Asociación Empresarial de Valdeorras o seu presidente, Javier Rodríguez, quen convidaba asemade ao comercio valdeorrés a acudir á gala do vindeiro xoves.

Artigos relacionados

Back to top button