ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Dous incendios activos en Vilariño de Conso

Hai un Chaguazoso que afecta a unhas 150 hectáreas e outro en Fitorio que leva queimadas xa 20 hectáreas, segundo a Consellería do Medio Rural

Desde as 16:59 h. de onte, 11 de outubro, permanece activo un incendio no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Chaguazoso, que afecta, segundo as últimas estimacións provisionais feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, arredor de 150 hectáreas. Na súa extinción levan traballado 6 axentes, 19 brigadas, 10 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 1 avión.

Neste mesmo municipio, na parroquia de Fitoiro, está activo desde a 1:45h. de hoxe outro lume que, segundo estimacións provisionais, afecta a unhas 20 hectáreas. Na súa extinción levan actuado 2 axentes, 3 brigadas, 5 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

 

Artigos relacionados

Back to top button