ConcellosÚltima hora

Dous incendios no municipio de Monterrei

O da Infesta está estabilizado tras queimar unhas 70 hectáreas, pero o de Flariz permanece activo e afecta xa a unhas 150 hectáreas

Ás 8:26 horas desta mañá quedaba estabilizado o lume rexistrado no concello ourensán de Monterrei, parroquia de Infesta. Iniciábase onte ás 17:30 h. e, segundo as últimas estimacións feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, a superficie afectada sitúase nas 70 hectáreas. No seu control levan traballado 1 técnico, 6 axentes, 23 brigadas, 11 motobombas, 1 pa, 13 helicópteros e 6 avións.

Tamén no concello de Monterrei permanece activo outro incendio, iniciado na parroquia de Flariz e que se estendeu á de Vilaza, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie dunhas 150 hectáreas. Este lume iniciouse onte ás 19:23h. e no seu control levan traballado 1 técnico, 7 axentes, 17 brigadas, 8 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 2 avións.

Artigos relacionados

Back to top button