DeportesÚltima hora

Dous membros do Auriense, convocados polas seleccións galegas de fútbol gaélico

Os combinados masculino e feminino preparan o seu debut nos Xogos Mundiais que se celebrarán a finais de xullo
Adestramento da selección masculina.

As seleccións galegas de fútbol gaélico aceleran a preparación para o seu debut nos Renault GAA World Games 2019 (Xogos Mundiais Gaélicos) que se celebran na cidade irlandesa de Waterford entre o 28 de xullo e o 2 de agosto, coas finais no mítico Estadio de Croke Park en Dublín.

A fase preparatoria comezou hai varios meses con concentracións de ambos combinados, intensificándose nos meses de xuño e xullo con tres sesións semanais celebradas, normalmente, en instalacións de Santiago e da Estrada.

 

Concentración da selección feminina.

 

Precisamente, no campo Manuel Regueiro desta localidade, tiña lugar este martes  día 9 un adestramento conxunto que serviu como acto de presentación e visibilización das escuadras que participarán no mundial, o terceiro ao que acode a selección galega. O adestramento de onte tamén foi especial pola presenza do coaching manager da provincia irlandesa do Ulster, Roger Keenan.

Entre os xogadores convocados coa slección están dous membros do club ourensán Auriense FG: Alba no equipo feminino e Jacobo no masculino.

Artigos relacionados

Back to top button