AletismoDeportesÚltima hora

Dous membros do Club Atletismo Rúa, segundos en lanzamento no Campionato Galego Máster celebrado en Pontevedra

Isabel Seco era 2ª en disco 1Kg e Javier de la Maza en xavelina 800g. na categoría +45 anos

 

Con moi boas sensacións e resultados volvían os deportistas do Atletismo Rúa do Campionato Galego Máster celebrado na xornada deste sábado 29 de maio en Pontevedra, con dúas medallas de prata na categoría de +45 anos.

Javier de la Maza subía ao segundo chanzo do podio en lanzamento de xavelina 800g. mentres que Isabel María Seco Pérez facía o propio cun segundo posto en lanzamento de disco 1Kg.

“Os soños cúmprense cando te esforzas”, aseguran orgullosos dende o club rues que está inmerso na organización dunha nova e impactante edición do Gran Premio de Montaña A Rúa, previsto para o mes de outubro.

Fotos: RFGA e cedidas

Artigos relacionados

Back to top button