DeportesPescaÚltima hora

Dous membros do club de pesca Spinning Valdeorras, no Open Mar-Costa 2021

Daniel Prada e Javier Calvo participaban este domingo no primeiro autonómico de spinning da tempada

 

A tempada de pesca fluvial galega deste 2021 no comezará ata o vindeiro domingo 21 de marzo, pero hai modalidades marítimas que xa botaron a andar.

É o caso do spinning cuxo Open Mar-Costa 2021 celebrábase este domingo 14 de marzo en San Vicente do Mar, no Grove (Pontevedra). E entre os numerosos pescadores que participaban neste campionato autonómico, buscando situarse entre os catro primeiros para formar parte da selección galega e competir no nacional, estaban dous membtos do club de pesca Spinning Valdeorras, Daniel Prada Rodríguez e Javier Calvo Escudero.

 

Daniel Prada cunha lubina.

 

Nesta primeira competición da tempada, Daniel lograba un meritorio sétimo posto cun total de 2.649 puntos. “Non se pode pedir máis para ser o meu primeiro autonómico de Spinning Mar-Costa”, di o propio pescador asegurando que repetirán o vindeiro ano “e intentaremos facer podio para o club e para Valdeorras”.

 

Un exemplar de lubina.

 

Fotos: Marta Lopes.

Artigos relacionados

Back to top button