DeportesÚltima hora

Dous membros do Club Natación Valdeorras, os únicos nadadores galegos na Travesía de Sanabria

Esta proba disputábase neste domingo 25 de agosto na localidade de Galende (Zamora)

Publicidade
Benito Quiñones e Eloy Rodríguez en Galende (Zamora)./ Foto cedida.

Entre os nadadores que na mañá deste domingo 25 de agosto disputaban a Travesía a Nado do Lago de Sanabria (Zamora) había tan só dous galegos. Tratábase de Benito Quiñones e de Eloy Jesús Rodríguez, membros do Club Natación Valdeorras.

Ambos competían na distancia de 3.000 metros, cuxa saída tiña lugar ás 10:30h. A proba partía da praia de Viquiella en Galende, que era tamén a súa meta. Na travesía incluíanse as distancias de 6.000 metros, 3.000 metros, 1.500 metros e 800 metros.

 

Participantes na proba na praia de Viquiella./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button