DeportesÚltima hora

Dous metais no nacional Sub20 para os atletas que adestra o valdeorrés Carlos Revuelta

O valdeorrés Carlos Revuelta, cos dous atletas que adestra e que competían no nacional Sub20./ Foto cedida.

 

Durante o Campionato de España de atletismo Sub20 que se desenvolvía na pasada fin de semana nas pistas de Vallermoso (Madrid), dous dos atletas que adestra o lanzador de martelo valdeorrés Carlos Revuelta Parra conseguian subirse ao podio nesta disciplina.

Eran en concreto dous ouros que viñan da man de Juan Jiménez, en categoría masculina, e de Irene Gómez, na feminina. Estes atletas adestran baixo a dirección do valdeorrés nas instalacións do Centro de Alto Rendemento da Residencia Blume de Madrid.

Estas dúas medallas de ouro, súmanse á que obtivo outro atleta, Víctor Miguel Román, tamén preparado por Revuelta, neste caso en lanzamento de xavelina Sub23, a semana pasada en Sevilla.

Deste xeito o barquense culmina o que considera “unha gran tempada como adestrador”, completando a súa faceta de atleta, na que este ano foi cuarto no Campionato de España absoluto de lanzamento de martelo.

Artigos relacionados

Back to top button