SanidadeÚltima hora

Dous novos brotes de coronavirus na cidade de Ourense

Un deles ten 5 casos positivos e outro tres. Ambos son de orixe social

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A cidade de Ourense vén de rexistrar dous novos brotes de Covid-19. Un deles é de orixe e ten 5 casos positivos: 3 mulleres de 53, 36 e 63 anos e dous homes de 84 e 54, tal e como informa a Consellería de Sanidade.

Ademais detectouse outro brote, tamén de orixe social, con 3 casos positivos. Son 3 homes de 78, 83 e 28 anos.

Medran os casos noutros brotes xa activos na provincia

Segundo a última información achegada pola Consellería de Sandiade, o brote do barrio ourensán de Mariñamansa ascende a 28 persoas afectadas, tras a detección de 2 casos máis: dúas mulleres de 73 años e 79 años.

O brote familiar en Riós (+ Castrelo do Val) sobe a 8 afectados con tres positivos máis: unha muller de 37, un home de 80 e un menor. Por outra banda, o brote de Avión rexistra 10 casos, logo dun contaxio máis, o dunha muller de 45 anos. E o de Barbadás acada os cinco casos cun novo positivo, unha muller de 18 anos.

Artigos relacionados

Back to top button