SanidadeÚltima hora

Dous novos brotes de Covid na provincia: un no Carballiño e outro en Avión

 

Na provincia de Ourense veñen de detectarse dous novos brotes de coronavirus. Un deses brotes é no Carballiño e coomo orixe unha xuntanza de amigos. Afecta, polo momento, a 5 persoas: 3 homes de 46, 52 e 32 anos e dúas mulleres de 53 e 42 años, segundo informa a Consellería de Sanidade. Todos eles están en illamento e a seguemento domiciliario. Ademais mantense activo o seguemento de contactos.

Por outra banda, no concello de Avión detectouse outro brote con 4 casos, con nexo familiar, que afecta un home de 47 anos, unha muller de 31 e dous menores. Todos eles en illamento e seguemento desde o seu Centro de Saúde. Así mesmo, mantense activo o seguemento de contactos.

Dende a Consellería de Sanidade lémbrase novamente a importancia “de manter e respectar as medidas de seguridade: distanza social, uso de máscara e hixiene de mans frecuente, extremando as precaucións nos encontros sociais e familiares, limitando na medida do posible os contactos fora do núcleo familiar ou social mais próximo ou indispensable, sempre sen descoidar a prevención”.

Artigos relacionados

Back to top button