SanidadeÚltima hora

Dous novos brotes de Covid na provincia

Un deles detectouse no concello de Ourense, con 6 afectados, e o outro en Ribadavia, con 5 casos

 

Continúan aparecendo brotes de coronavirus na provincia de Ourense. A Consellería de Sanidade comunica un novo brote no concello de Ourense de orixe familiar, con 6 afectados: dous homes de 34 e 38 anos, tres mulleres de 33, 40 e 64 e un menor.

Hai asemade un novo brote en Ribadavia, tamén de orixe familiar e con 5 casos: dúas mulleres de 51 e 84 anos, e tres varóns de 56, 18 e 14 anos.

Ademais, o brote de Verín con 8 casos de xóvenes ascende a 10 con dos casos mais vencellados. Unha muller de 44 anos e un mozo de 16.

“En todos estes brotes continúa activo o seguemento dos contactos estreitos”, indica a Consellería de Sanidade, que nos últimos días comunicou unha decena de novos brotes na provincia, a gran maioría deles no concello de Ourense.

A provincia supera os 500 casos activos de Covid

Neste xoves 17 de setembro a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco superaba a barreira dos 500 casos activos de coronavirus, situándose nun total de 503, tres máis que os rexitrados onte. Dese total de pacientes, 38 ingresados (4 deles na Unidade de Coidados Intensivos) e os 465 restantes están a seguemento a domicilio.

O Hospital Universitario de Ourense rexistra 32 pacientes ingresados: 28 en planta (2 menos que onte) e 4 en UCI. No Hospital de Verín soben os ingresos, sendo un total de 6, 2 máis que onte. Unha xornada máis, o Hospital de Valdeorras segue libre de virus.

O total de casos de Covid rexistrados na provincia ascende a 2.931, con 2.287 curados e 141 falecementos. Polo de agora, lévanse realizado 51.205 probas PCR, 529 delas nas últimas 24 horas.

 

Artigos relacionados

Back to top button