SanidadeÚltima hora

Dous novos falecementos por coronavirus na provincia: unha paciente do CHUO e outra do Hospital de Verín

Exterior do Hospital de Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nas últimas horas a provincia vén de rexistrar dous novos falecementos de pacientes diagnosticados con coronavirus, segundo acaba de confirmar a Consellería de Sanidade. Trátase dunha muller de 97 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), que tiña patoloxías previas, e dunha muller de 87 anos que estaba no Hospital Público de Verín e sen patoloxías previas.

Ademais perdían a vida outras tres persoas con coronavirus en Galicia: unha muller de 96 anos que estaba ingresada no CHUS, un varón de 91 anos que estaba ingresado no CHUVI e un varón de 71 anos que estaba ingresado en POVISA, todos eles con patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button