SanidadeÚltima hora

Dous novos falecidos por coronavirus na provincia

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento, o 11 de xaneiro en Galicia, de 3 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, dúas delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 88 anos e dunha muller de 91 anos, que falecían no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. A muller procedía da Residencia A Carballa de Coles.

Con estas novas mortes, son xa 482 as persoas falecidas dende o inicio da pandemia na provincia de Ourense. Ademais perdía a vida outra muller de 95 anos, no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

As tres persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button