En portadaÚltima hora

Dous novos positivos por coronavirus nas Terras de Trives

Exterior do Centro de Saúde de Trives.

 

Apenas 24 horas despois de que se fixeran públicos os dous casos de coronavirus na comarca das Terras de Trives, os Concellos de Trives, Manzaneda e San Xoán de Río veñen de emitir un novo comunicado conxunto no que informan de outros dous positivos na zona. “Trátase de dúas persoas que estiveron en contacto coas persoas que o domingo deron positivo, antes de que éstas entraran en corentena (antes do 12 de marzo)”, aseguran na nota.

Ademais os tres concellos adiantan que para este martes 31 de marzo está prevista unha reunión do Comité de Emerxencia do PAC da Área da Pobra de Trives “cos facultativos para abordar e analizar esta situación e determinar as medidas que resulten aplicables”.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button